A celebración do “Ano Santo Xubilar Mariano 2013-2014 na Real Ilustre e Fervorosa Irmandade e Confraría de Nazarenos da Nosa Señora do Rosario, Noso Pai Xesús da Sentenza e María Santísima da Esperanza Macarena na cidade de Sevilla” terá a consideración de acontecemento de excepcional interesse público para os efectos do disposto no artigo 27 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réximen fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais de mecenado.
A duración do programa de apoio a este acontecemento abarcará desde o 1 de xuño de 2013 ao 31 de maio de 2014.
Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra do imposto o 15 por 100 dos gastos que, en cumprimento dos plans e programas de actividades establecidos polo consorcio, realicen de acordo co artigo 27.3 da Lei 49/2002, na redacción dada pola disposición derradeira segunda da Lei 35/2006, do 28 de novembro.