RESCATE DE RENDAS TEMPORAIS E VITALICIAS (art. 25.3.5) da lei)
No caso de extinción das rendas temporais ou vitalicias, cando a extinción da renda teña a súa orixe no exercicio do dereito de rescate, o rendemento do capital mobiliario será o resultado de sumar:
• O importe do rescate.
• As rendas satisfeitas ata o dito momento.
E de restar:
• As primas satisfeitas.
• As contías que tributasen como rendementos do capital mobiliario.
Cando as rendas fosen adquiridas por doazón ou calquera outro negocio xurídico a título gratuíto e entre vivos, restarase, adicionalmente, a rendibilidade acumulada ata a constitución das rendas (diferenza entre o valor actual financeiro-actuarial da renda no momento da súa constitución e o importe das primas satisfeitas (art. 18.1 do regulamento).