REQUISITOS ADICIONAIS DA SOCIEDADE NOVA EMPRESA (art. 68.6.4)
A sociedade nova empresa deberá manter durante polo menos os dous anos seguintes ao inicio da actividade:
d) A actividade económica en que consista o seu obxecto social, non podendo cumprir no dito prazo os requisitos previstos no cuarto parágrafo da alínea 1 do artigo 116 da Lei do imposto sobre sociedades.
e) Polo menos, un local exclusivamente destinado a levar a xestión da súa actividade e unha persoa empregada con contrato laboral e a xornada completa.
f) Os activos nos que se materializase o saldo da conta aforro-empresa, que deberán permanecer en funcionamento no patrimonio afecto da nova empresa.