REQUISITOS ADICIONAIS PARA OS PLANS DE PENSIÓNS REGULADOS NA DIRECTIVA 2003/41/CE (achegas transfronteirizas no ámbito da Unión Europea, art. 51.1.1 da lei)

 

Poderán reducir a base impoñible as achegas realizadas polos partícipes aos plans de pensións regulados na Directiva 2003/41/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 3 de xuño de 2003, relativa ás actividades e á supervisión de fondos de pensións de emprego, incluídas as contribucións efectuadas polas empresas promotoras, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

 

-   Que as contribucións se lle imputen fiscalmente ao partícipe a quen se vincula a prestación.

-   Que se lle transmita ao partícipe de forma irrevogable o dereito á percepción da prestación futura.

-   Que se lle transmita ao partícipe a titularidade dos recursos en que consista a dita contribución.

-   As continxencias cubertas deberán ser as previstas no artigo 8.6 do texto refundido da Lei de regulación dos plans e fondos de pensións, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2002, do 29 de novembro.

 

Se se dispuxese, total ou parcialmente, en supostos distintos, o contribuínte deberá repoñer as reducións na base impoñible indebidamente practicadas mediante as oportunas declaracións liquidacións complementarias, con inclusión dos xuros de mora. Pola súa vez, as cantidades percibidas pola disposición anticipada dos dereitos consolidados tributarán como rendementos do traballo.