As rendas vitalicias ou outras temporais que teñan por causa a imposición de capitais, salvo cando fosen adquiridas por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio. Considerarase rendemento do capital mobiliario o resultado de lle aplicar a cada anualidade as porcentaxes sinaladas na epígrafe "RENDEMENTOS DERIVADOS DE CONTRATOS DE SEGURO DE VIDA OU INVALIDEZ E DE OPERACIÓNS DE CAPITALIZACIÓN", para as rendas vitalicias ou temporais, inmediatas derivadas de contratos de seguro de vida.
Forma de cubrir: abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar o importe que se considera rendemento de capital mobiliario unha vez aplicadas á anualidade as porcentaxes que correspondan.