RENDEMENTOS OBTIDOS DE FORMA NOTORIAMENTE IRREGULAR NO TEMPO (art. 25 do regulamento)
Considéranse rendementos de actividades económicas obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, exclusivamente, os seguintes, cando se imputen nun único período impositivo:
- Subvencións de capital para a adquisición de elementos do inmobilizado non amortizables.
- Indemnizacións e axudas por cesamento de actividades económicas.
- Premios literarios, artísticos ou científicos que non gocen de exención neste imposto. Non se consideran premios, para estes efectos, as contraprestacións económicas derivadas da cesión de dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou que substitúan estas.
- As indemnizacións percibidas en substitución de dereitos económicos de duración indefinida.