RENDEMENTOS DO CAPITAL MOBILIARIO PROCEDENTES DA CESIÓN A TERCEIROS DE CAPITAIS PROPIOS QUE FORMAN PARTE DA BASE IMPOŃIBLE XERAL (art. 46 da lei)
A partir do 1 de xaneiro de 2009 os rendementos de capital mobiliario derivados da cesión a terceiros de capitais propios procedentes de entidades vinculadas, soamente formarán parte da renda xeral na medida en que correspondan ao exceso do importe dos capitais propios cedidos á entidade vinculada respecto do resultado de multiplicar por tres a participación do contribuínte na entidade.
Para os efectos de computar o dito exceso, terase en consideración o importe dos fondos propios da entidade vinculada reflectidos no balance correspondente ao último exercicio cerrado con anterioridade á data de xeración do imposto e a porcentaxe de participación do contribuínte existente nesta data.
Nos supostos nos que a vinculación non se defina en función da relación socios ou partícipes-entidade, a porcentaxe de participación que haberá que considerar será o 5 por 100.