FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE CAPITAL MOBILIARIO > RENDEMENTOS DO CAPITAL MOBILIARIO QUE HAI QUE INTEGRAR NA BASE IMPOÑIBLE DO AFORRO

RENDEMENTOS DERIVADOS DA TRANSMISIÓN OU AMORTIZACIÓN DE LETRAS DO TESOURO (art. 25.2.b) da lei)

 

Faranse constar nesta epígrafe os rendementos obtidos como consecuencia da transmisión ou reembolso de letras do Tesouro.

Computarase como rendemento íntegro a diferenza entre o valor de transmisión ou reembolso das letras e o seu valor de adquisición ou subscrición.

Os gastos accesorios de adquisición e alleamento serán computados para a cuantificación do rendemento, en tanto se xustifiquen adecuadamente.

 

Rendementos negativos

Se o rendemento fose negativo consignarase precedido do signo menos (-)

Non obstante, hai que ter en conta que os rendementos negativos derivados de transmisións de activos financeiros, cando o contribuínte adquirise activos homoxéneos dentro dos dous meses anteriores ou posteriores ás ditas transmisións, se integrarán a medida que se transmitan os activos financeiros que permanezan no patrimonio do contribuínte.

 

Transmisións lucrativas por causa de morte

Estímase que non existe rendemento do capital mobiliario nas transmisións lucrativas, por causa de morte do contribuínte, destes activos financeiros (art. 25.6 da lei).