FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DO TRABALLO PERSOAL

RENDEMENTO NETO DO TRABALLO: GASTOS DEDUCIBLES (art. 19 da lei)

 

O rendemento neto do traballo será o resultado de diminuír o rendemento íntegro no importe dos gastos deducibles.

 

Terán a consideración de gastos deducibles exclusivamente os seguintes:

 

a)   As cotizacións á Seguridade Social ou a mutualidades xerais obrigatorias de funcionarios.

 

b)   As detraccións por dereitos pasivos.

 

c)   As cotizacións aos colexios de orfos ou entidades similares.

 

d)   As cotas satisfeitas a sindicatos e colexios profesionais, cando a colexiación teña carácter obrigatorio para o desempeño do traballo, na parte que corresponda aos fins esenciais destas institucións, co límite de 500 euros anuais (art. 10 do regulamento).

 

e)   Os gastos de defensa xurídica derivados directamente de litixios suscitados na relación do contribuínte coa persoa da que percibe os rendementos, co límite de 300 euros anuais.