RENDAS VITALICIAS

 

A) RENDAS VITALICIAS INMEDIATAS (art. 25.3 da lei)

No caso de rendas vitalicias inmediatas, considerarase rendemento de capital mobiliario o resultado de aplicar a cada anualidade as porcentaxes seguintes:

•    40 por 100, cando o perceptor teña menos de 40 anos.

•    35 por 100, cando o perceptor teña entre 40 e 49 anos.

•    28 por 100, cando o perceptor teña entre 50 e 59 anos.

•    24 por 100, cando o perceptor teña entre 60 e 65 anos.

•    20 por 100, cando o perceptor teña entre 66 e 69 anos.

•    8 por 100, cando o perceptor teña máis de 70 anos.

Estas porcentaxes serán as correspondentes á idade do rendeiro no momento da constitución da renda e permanecerán constantes durante toda a vixencia desta.

 

B) RENDAS VITALICIAS DIFERIDAS (art. 25.3 da lei)

Cando se perciban rendas vitalicias diferidas, considerarase rendemento do capital mobiliario o resultado de lle aplicar a cada anualidade a porcentaxe que corresponda das previstas anteriormente, incrementada na rendibilidade obtida ata a constitución da renda.

Se as rendas foron adquiridas por doazón ou calquera outro negocio xurídico a título gratuíto e entre vivos, o rendemento do capital mobiliario será, exclusivamente, o resultado de lle aplicar a cada anualidade a porcentaxe que corresponda das sinaladas anteriormente.