RENDAS TEMPORAIS

 

A) RENDAS TEMPORAIS INMEDIATAS (art. 25.3 da lei)

Se se trata de rendas temporais inmediatas, considerarase rendemento de capital mobiliario o resultado de lle aplicar a cada anualidade as porcentaxes seguintes:

•    12 por 100, cando a renda teña unha duración inferior ou igual a cinco anos.

•    16 por 100, cando a renda teña unha duración superior a cinco e inferior ou igual a dez anos.

•    20 por 100, cando a renda teña unha duración superior a dez e inferior ou igual a quince anos.

•    25 por 100, cando a renda teña unha duración superior a quince anos.

 

B) RENDAS TEMPORAIS DIFERIDAS (art. 25.3.a) 4 da lei)

Cando se perciban rendas temporais diferidas, considerarase rendemento de capital mobiliario o resultado de lle aplicar a cada anualidade a porcentaxe que corresponda das previstas anteriormente, incrementada na rendibilidade obtida ata a constitución da renda.

Se as rendas foron adquiridas por doazón ou calquera outro negocio xurídico a título gratuíto e entre vivos, o rendemento do capital mobiliario será, exclusivamente, o resultado de lle aplicar a cada anualidade a porcentaxe que corresponda das sinaladas anteriormente.