A normativa fiscal prevé algúns supostos excepcionais de rendas exentas que, non obstante, se deben ter en conta para os efectos de calcular o tipo de gravame aplicable ás restantes rendas.
RENDAS PREVISTAS NOS CONVENIOS DE DOBRE IMPOSICIÓN
Na maioría dos convenios para evitar a dobre imposición subscritos por España establécese que, cando as rendas obtidas por un residente estean exentas conforme as disposicións do convenio, estas rendas exentas pódense, non obstante, ter en conta para os efectos de calcular o imposto sobre o resto das rendas do dito residente.
FORMA DE CUBRIR
Estas rendas incluiranse na epígrafe "M. Datos adicionais para o cálculo do imposto", recadros 521 e 522 da páxina 14 da declaración, segundo correspondese integralas na base impoñible do aforro ou na base impoñible xeral de non estaren exentas.