FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DO TRABALLO PERSOAL

RENDAS ESTIMADAS E OPERACIÓNS VINCULADAS

 

RENDAS ESTIMADAS (art. 40 da lei)

 

Presumiranse retribuídas, salvo proba en contrario, as prestacións de servizos susceptibles de xerar rendementos do traballo (art. 6.5 da lei).

 

A valoración das rendas estimadas efectuarase polo valor normal de mercado. Entenderase por valor normal de mercado a contraprestación que acordarían suxeitos independentes, salvo proba en contrario.

 

 

OPERACIÓNS VINCULADAS (art. 41 da lei)

 

Con carácter xeral, no imposto sobre a renda das persoas físicas aplícanse as regras de valoración das operacións vinculadas nos termos previstos no artigo 16 da Lei do imposto sobre sociedades.