Terá a consideración de renda imputada a cantidade que resulte de aplicar o 2 por 100 ao valor catastral, determinándose proporcionalmente ao número de días que corresponda en cada período impositivo.
No caso de inmobles cuxos valores catastrais fosen revisados ou modificados ou determinados mediante un procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, de conformidade coa normativa catastral, e entrasen en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1994, a renda imputada será o 1,1 por 100 do valor catastral.
Se na data de xeración do imposto os inmobles a que se refire este parágrafo carecesen de valor catastral ou este non lle fose notificado ao titular, tomarase como base de imputación destes o 50 por 100 daquel polo que se deban computar para os efectos do imposto sobre o patrimonio. Nestes casos, a porcentaxe será do 1,1 por 100.