RELACIÓNS LABORAIS DE CARÁCTER ESPECIAL
O artigo 2 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores (aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo) considera relacións laborais de carácter especial as seguintes:
- Persoal de alta dirección.
- Persoal ao servizo do fogar familiar.
- Penados que realicen actividades laborais en talleres produtivos dos centros penais.
- Deportistas profesionais.
- Artistas de espectáculos públicos.
- Persoas que interveñan en operacións mercantís por conta dun ou máis empresarios (representantes de comercio) sen asumir o risco e ventura daquelas (Real decreto 1438/1985, do 1 de agosto).
- Traballadores discapacitados que presten os seus servizos en centros especiais de emprego.
- Estibadores portuarios que presten servizos a través de sociedades estatais ou suxeitos que desempeñen as mesmas funcións ca estas nos portos xestionados polas comunidades autónomas.
- Calquera outro traballo que sexa expresamente declarado como relación laboral de carácter especial por unha lei.