REGRAS DE VALORACIÓN (art. 43 da lei)

 

Con carácter xeral, as rendas en especie valoraranse polo seu valor normal no mercado. A ese valor sumaráselle o ingreso á conta, salvo que o seu importe fose repercutido ao perceptor.

 

Non obstante, os seguintes rendementos do traballo en especie valoraranse de acordo coas normas de valoración previstas no artigo 43 da Lei do imposto:

 

-     UTILIZACIÓN DE VIVENDA

 

-     UTILIZACIÓN OU ENTREGA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES

 

-   OUTROS SUPOSTOS

 

 

PREZO OFERTADO AO PÚBLICO (art. 48 do regulamento)

 

En todo caso, cando o rendemento do traballo en especie sexa satisfeito por empresas que teñan como actividade habitual a realización das actividades que dan lugar a este, a valoración non poderá ser inferior ao prezo ofertado ao público do ben, dereito ou servizo de que se trate.

 

Para estes efectos, considerarase prezo ofertado ao público o previsto no artigo 13 da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, deducindo

os descontos ordinarios ou comúns. Consideraranse ordinarios ou comúns os descontos que sexan ofertados a outros colectivos de similares características aos traballadores

da empresa, así como os descontos promocionais que teñan carácter xeral e se

encontren en vigor no momento de satisfacer a retribución en especie ou calquera outro distinto dos anteriores sempre que non excedan do 15 por 100 nin de 1.000 euros anuais.