FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > BASE IMPOÑIBLE XERAL E BASE IMPOÑIBLE DO AFORRO

REGRAS DE COMPENSACIÓN EN TRIBUTACIÓN CONXUNTA (art. 84.3 e 4 da lei)

 

Na tributación conxunta serán compensables, de acordo coas normas xerais do imposto, as perdas patrimoniais realizadas e non compensadas polos contribuíntes compoñentes da unidade familiar en períodos impositivos anteriores en que tributasen individualmente.

 

Pola súa parte, as perdas patrimoniais determinadas en tributación conxunta serán compensables exclusivamente, en caso de tributación individual posterior, por aqueles contribuíntes aos que correspondan de acordo coas regras sobre individualización de rendas contidas na lei.