REDUCIÓNS RÉXIME TRANSITORIO (DT décimo primeira e décimo segunda da lei)

 

Réxime transitorio de seguros colectivos:

 

1.   Prestacións derivadas de continxencias acaecidas antes do 1 de xaneiro de 2007:

os beneficiarios poderán aplicar o réxime financeiro e fiscal vixente o 31 de decembro de 2006.

2.   Prestacións derivadas de continxencias acaecidas a partir do 1 de xaneiro de 2007 de seguros colectivos contratados con anterioridade ao 20 de xaneiro de 2006:

Poderá aplicarse o réxime fiscal vixente o 31 de decembro de 2006. Este réxime será só aplicable á parte da prestación correspondente ás primas satisfeitas ata o 31 de decembro de 2006, así como ás primas ordinarias previstas na póliza orixinal satisfeitas con posterioridade a esta data.

 

Non obstante, os contratos de seguro colectivo que instrumentan a exteriorización de compromisos por pensións pactadas en convenios colectivos de ámbito supraempresarial baixo a denominación "premios de xubilación" ou outras, que consistan nunha prestación pagadoira por unha soa vez no momento do cesamento por xubilación, subscritos antes do 31 de decembro de 2006, poderán aplicar o réxime fiscal previsto no parágrafo 2 anterior.

 

Réxime transitorio de plans de pensións, mutualidades de previsión social e plans de previsión asegurados:

 

1. Prestacións derivadas de continxencias acaecidas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007:

Os beneficiarios poderán aplicar o réxime financeiro e, se é o caso, aplicar a redución prevista no artigo 17 do texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas vixente o 31 de decembro de 2006.

 

2. Prestacións derivadas de continxencias acaecidas a partir do 1 de xaneiro de 2007, pola parte correspondente a achegas realizadas ata o 31 de decembro de 2006:

Os beneficiarios poderán aplicar o réxime financeiro e, se é o caso, aplicar a redución prevista no artigo 17 do texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas vixente o 31 de decembro de 2006.