FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > BASE LIQUIDABLE XERAL E BASE LIQUIDABLE DO AFORRO

REDUCIÓNS POR ACHEGAS E CONTRIBUCIÓNS A SISTEMAS DE PREVISIÓN SOCIAL. RÉXIME XERAL (art. 51 da lei)

 

A través dunha ventá de captura de datos consignaranse as achegas e contribucións aos seguintes sistemas de previsión social:

 

-   Plans de pensións

-   Mutualidades de previsión social

-   Plans de previsión asegurados

-   Plans de previsión social empresarial

-   Seguros privados que cubran o risco de dependencia severa ou gran dependencia

-   Achegas anuais máximas e límite de redución

 

Consignaranse nesta epígrafe as achegas realizadas directamente polo declarante. As contribucións empresariais que, se é o caso, lle fosen imputadas polo promotor destas, deberon ser consignadas na ventá de captura de datos de rendementos de traballo e serán trasladadas polo programa á epígrafe da ventá de contribucións imputadas polo promotor.

 

As achegas efectuadas a seguros privados de dependencia indicaranse no recadro da ventá "Primas a seguros de dependencia".

 

IMPORTANTE: as reducións por achegas e contribucións aos sistemas de previsión social incluídas nesta epígrafe teñen un límite máximo conxunto que aplicará o programa.

 

 

EXCESOS PENDENTES DE REDUCIR DE ACHEGAS E CONTRIBUCIÓNS DOS EXERCICIOS 2009 a 2013 (art. 27.c) do Real decreto lexislativo 1/2002; art. 51 do regulamento), excepto os derivados de contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia.

 

Os contribuíntes que non puidesen reducir da parte xeral da base impoñible das declaracións de 2009 a 2013 a totalidade das achegas, directas ou imputadas, realizadas nos ditos exercicios por superar o límite máximo de redución fiscal establecido en cada un deles e que solicitasen poder reducir o exceso dentro dos cinco exercicios seguintes farán constar no recadro correspondente da ventá de captura de datos o importe dos ditos excesos ou, se é o caso, a parte destes que no exercicio 2014 estivese pendente de aplicación.

 

O límite de redución independente que teñen as contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia, de 5000 euros, comezou a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2013, polo que só cabe reducir de exercicios pendentes os dese ano.

 

 

Cando concorran achegas realizadas no exercicio con achegas de exercicios anteriores que non puidesen ser obxecto de redución por exceder dos límites establecidos, entenderanse reducidas, en primeiro lugar, as achegas correspondentes a anos anteriores.