FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > BASE LIQUIDABLE XERAL E BASE LIQUIDABLE DO AFORRO

REDUCIÓN POR TRIBUTACIÓN CONXUNTA (art. 84.2 da lei)

 

As unidades familiares que opten pola tributación conxunta terán dereito á seguinte redución:

 

1.   Na primeira modalidade de unidade familiar, a base impońible reducirase en 3.400 euros anuais.

2.   Na segunda modalidade de unidade familiar, a base impońible reducirase en 2.150 euros anuais. Non se aplicará esta redución cando o contribuínte conviva co pai ou a nai dalgún dos fillos que forman parte da súa unidade familiar.

 

Aplicación da redución por tributación conxunta

A redución aplicarase, en primeiro lugar, á base impońible xeral sen que poida resultar negativa como consecuencia de tal minoración. O remanente, se o houber, minorará a base impońible do aforro, que tampouco poderá resultar negativa.