FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DO TRABALLO PERSOAL

REDUCIÓN POR OBTENCIÓN DE RENDEMENTOS DO TRABALLO (art. 20 da lei)

 

O rendemento neto do traballo minorarase nas seguintes contías:

 

Con carácter xeral:

 

-   Contribuíntes con rendementos netos do traballo iguais ou inferiores a 9.180 euros: 4.080 euros anuais.

-   Contribuíntes con rendementos netos do traballo comprendidos entre 9.180,01 e 13.260 euros: 4.080 euros menos o resultado de multiplicar por 0,35 a diferenza entre o rendemento do traballo e 9.180 euros anuais.

-   Contribuíntes con rendementos netos do traballo superiores a 13.260 euros ou con rendas, excluídas as exentas, distintas das do traballo superiores a 6.500 euros: 2.652 euros anuais.

 

Traballadores activos maiores de 65 anos

 

A redución establecida con carácter xeral incrementarase nun 100 por 100 no seguinte suposto:

 

-   Traballadores activos maiores de 65 anos que continúen ou prolonguen a actividade laboral nas condicións que regulamentariamente se determinen.

 

Desempregados que acepten un posto de traballo que esixa o traslado de residencia a outro municipio

 

A redución establecida con carácter xeral incrementarase nun 100 por 100 no seguinte suposto:

 

-   Contribuíntes desempregados inscritos na oficina de emprego que acepten un posto de traballo que esixa o traslado da súa residencia habitual a un novo municipio nas condicións que regulamentariamente se determinen. Este incremento aplicarase no período impositivo no que se produza o cambio de residencia e no seguinte.

 

Discapacitados

 

Adicionalmente, as persoas con discapacidade que obteñan rendementos do traballo como traballadores activos poderán minorar o rendemento neto do traballo en 3.264 euros anuais.

A dita redución será de 7.242 euros anuais para as persoas con discapacidade que, sendo traballadores activos, acrediten que precisan axuda de terceiras persoas ou que teñen mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

 

Para estes efectos entenderase por traballador activo aquel que perciba rendementos do traballo como consecuencia da prestación efectiva dos seus servizos retribuídos por conta allea e dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa, física ou xurídica.

 

Importante: como consecuencia da aplicación das reducións previstas neste artigo, o saldo resultante non poderá ser negativo.