FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DERIVADOS DE INMOBLES > RENDEMENTOS DE CAPITAL INMOBILIARIO

REDUCIÓN POR ARRENDAMENTO DE VIVENDAS (art. 23.2 da lei)

 

REDUCIÓN POR ARRENDAMENTO DE VIVENDAS (art. 23.2 da lei)

Nos supostos de arrendamento de bens inmobles destinados a vivenda, o rendemento neto calculado conforme o disposto nos parágrafos anteriores reducirase nun 60 por 100.

 

REDUCIÓN POR ARRENDAMENTO DE VIVENDAS A MOZOS (art. 23.2 da lei)

Cando o arrendatario teña unha idade comprendida entre 18 e 30 anos, o rendemento neto calculado conforme o disposto nos parágrafos anteriores reducirase nun 100 por 100.

A idade do arrendatario ampliarase ata a data en que cumpra 35 anos cando o contrato de arrendamento se realizase con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2011 co dito arrendatario.

Para a aplicación desta redución deberán cumprirse os seguintes requisitos:

-   O arrendatario deberá obter, durante o período impositivo, rendementos do traballo ou de actividades económicas superiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), cuxa contía anual para o ano 2014 é de 7.455,14 euros.

-   O arrendatario deberá comunicarlle anualmente ao arrendador o cumprimento destes requisitos.

Cando existan varios arrendatarios dunha mesma vivenda, esta redución aplicarase sobre a parte do rendemento neto que proporcionalmente lles corresponda aos arrendatarios que cumpran os requisitos anteriores.

Importante: non resultará de aplicación o incremento da redución no suposto de que o rendemento neto derivado do inmoble ou dereito fose negativo.

 

CONTRATOS DE ARRENDAMENTO ANTERIORES AO 9 DE MAIO DE 1985 (DT terceira da lei)

Cando se trate de contratos de arrendamento realizados con anterioridade ao 9 de maio de 1985, que non gocen do dereito á revisión da renda por aplicación da regra 7 da alínea 11 da disposición transitoria segunda da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, incluirase adicionalmente, como gasto deducible, mentres subsista esta situación e en concepto de compensación, unha cantidade equivalente á amortización do inmoble.