FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > RÉXIME DE ESTIMACIÓN OBXECTIVA (EXCEPTO ACTIVIDADES AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E FORESTAIS)

REDUCIÓN PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESENVOLVIDAS NO TERMO MUNICIPAL DE LORCA

 

Como consecuencia dos movementos sísmicos acaecidos o 11 de maio de 2011 en Lorca (Murcia), durante o exercicio 2014 os contribuíntes que desenvolvan unha actividade no termo municipal de Lorca poderán aplicar unha redución do 20 por 100 do rendemento neto de módulos.

Non obstante, no suposto de ser autorizada de forma individualizada unha redución de signos, índices ou módulos no ano 2014 por circunstancias excepcionais, os contribuíntes afectados poderán optar por aplicar a redución aprobada individualmente ou a redución do 20 por 100 deste apartado.

 

Importante:

Se na ventá “Información relativa á actividade” seleccionou a clave 2, deberá cubrir o recadro 140 indicando o importe da redución que corresponda á parte do rendemento neto reducido da actividade desenvolvida en Lorca.