FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > ACTIVIDADES AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E FORESTAIS EN ESTIMACIÓN OBXECTIVA

REDUCIÓN PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESENVOLVIDAS NO TERMO MUNICIPAL DE LORCA

 

Como consecuencia dos movementos sísmicos acaecidos o 11 de maio de 2011 en Lorca (Murcia), durante o exercicio 2011, os contribuíntes que desenvolvan unha actividade no termo municipal de Lorca poderán aplicar unha redución do 65 por 100 do rendemento neto de módulos.

Non obstante, no suposto de que fose autorizada de forma individualizada unha redución de signos, índices ou módulos no ano 2011 por circunstancias excepcionais, os contribuíntes afectados poderán optar por aplicar a redución aprobada individualmente ou a redución do 65 por 100 desta epígrafe.

Importante

Se na ventá “Información relativa á actividade” seleccionou a clave 2, deberá cubrir o recadro 149 e indicar o importe da redución que corresponda á parte do rendemento neto reducido da actividade desenvolvida en Lorca.