FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > RÉXIME DE ESTIMACIÓN DIRECTA. MODALIDADE NORMAL E MODALIDADE SIMPLIFICADA

REDUCIÓN DO 40 POR 100 (art. 32 da lei)

 

Os rendementos netos cun período de xeración superior a dous anos, así como aqueles cualificados regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, reduciranse nun 40 por 100.

 

Non resultará aplicable esta redución a aqueles rendementos que, aínda cando individualmente

puidesen derivar de actuacións desenvolvidas ao longo dun período que cumprise os requisitos indicados, procedan do exercicio dunha actividade económica que de forma regular ou habitual obteña este tipo de rendementos.

 

Cando os rendementos de actividades económicas cun período de xeración superior a dous anos se perciban de forma fraccionada, só será aplicable a redución do 40 por 100 en caso de que o cociente resultante de dividir o número de anos correspondente ao período de xeración, computados de data a data, entre o número de períodos impositivos de fraccionamento, sexa superior a dous.

 

Atención: normalmente a redución deberá consignarse sen signo ningún. Non obstante, cando a redución afecte un rendemento neto negativo, consignarase precedida do signo menos (-).