Os rendementos netos cun período de xeración superior a dous anos, así como aqueles cualificados regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, reduciranse nun 40 por 100.
Cando os rendementos de actividades económicas cun período de xeración superior a dous anos se perciban de forma fraccionada, só será aplicable a redución do 40 por 100 en caso de que o cociente resultante de dividir o número de anos correspondente ao período de xeración, computados de data a data, entre o número de períodos impositivos de fraccionamento, sexa superior a dous.