Cando se inclúan no rendemento neto "outras percepcións empresariais" con período de xeración superior a dous anos ou que estean cualificadas regulamentariamente como obtidas de forma notoriamente irregular no tempo, o seu importe reducirase nun 40 por 100.
Se estas prestacións se perciben de forma fraccionada, só será aplicable a redución do 40 por 100 en caso de que o cociente resultante de dividir o número de anos correspondente ao período de xeración, computados de data a data, entre o número de períodos impositivos de fraccionamento, sexa superior a dous.