FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > ACTIVIDADES AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E FORESTAIS EN ESTIMACIÓN OBXECTIVA

REDUCIÓN DA LEI 19/1995 (AGRICULTORES NOVOS)

 

De conformidade co artigo 20 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias (BOE do 5 de xullo), os agricultores novos (maiores de 18 anos e menores de 40 anos) ou asalariados agrarios poderán reducir o rendemento neto de módulos nun 25 por 100 nos períodos impositivos cerrados durante os cinco anos seguintes á primeira instalación como titulares dunha explotación prioritaria, sempre que, ademais, acrediten a realización dun plan de mellora da explotación.

 

A cualificación de explotación prioritaria deberá acreditarse mediante certificación expedida polo órgano competente da correspondente comunidade autónoma ou a través da inclusión no Catálogo xeral de explotacións prioritarias do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

 

Esta redución é aplicada polo programa se así se sinalou no punto correspondente da ventá de información adicional.