FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > RÉXIME DE ESTIMACIÓN DIRECTA. MODALIDADE NORMAL E MODALIDADE SIMPLIFICADA

REDUCCIÓN POR INICIO DUNHA ACTIVIDADE ECONÓMICA (art. 32.3 da Lei 35/2006)

Os contribuíntes que inicien o exercicio dunha actividade económica e determinen o rendemento neto desta de acordo co método de estimación directa poderán reducir nun 20 por 100 o rendemento neto positivo declarado de acordo co dito método, minorado, de ser o caso, polas reducións previstas nos parágrafos 1 e 2 anteriores, no primeiro período impositivo no que este sexa positivo e no período impositivo seguinte.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, entenderase que se inicia unha actividade económica cando non se exercese actividade económica ningunha no ano anterior á data de inicio desta, sen ter en consideración aquelas actividades en cuxo exercicio se cesase sen chegar a obter rendementos netos positivos desde o seu inicio.

Cando con posterioridade ao inicio da actividade a que se refire o parágrafo primeiro anterior se inicie unha nova actividade sen cesar no exercicio da primeira, a redución prevista neste apartado aplicarase sobre os rendementos netos obtidos no primeiro período impositivo en que estes sexan positivos e no período impositivo seguinte, que se contará desde o inicio da primeira actividade.

A contía dos rendementos netos a que se refire este apartado sobre a que se aplicará a citada redución non poderá superar o importe de 100.000 euros anuais.

Non resultará de aplicación a redución prevista neste apartado no período impositivo no que máis do 50 por 100 dos ingresos deste procedan dunha persoa ou entidade da que o contribuínte obtivese rendementos do traballo no ano anterior á data de inicio da actividade.

FORMA DE CUBRIR: unha vez que se calcula o rendemento neto da actividade recadro 118, deberá marcar cunha X o seguinte recadro no que se pregunta se ten dereito á redución por inicio dunha actividade económica. O programa trasladará o importe da redución ao recadro 123.

Importante: se realizou máis dunha actividade económica durante o exercicio con dereito á  redución, incluídas as realizadas a través de entidades en réxime de atribución de rendas, deberá marcar o recadro correspondente en cada unha das actividades.