QUIOSCOS SITUADOS NA VÍA PÚBLICA
Á actividade de comercio polo miúdo de prensa, revistas e libros en quioscos situados na vía pública (epígrafe IAE: 659.4) resúltanlle de aplicación os seguintes índices correctores especiais, segundo o municipio onde estea situado o quiosco:
Situación dos quioscos Índice
Madrid e Barcelona 1,00
Municipios de máis de 100.000 habitantes 0,95
Resto de municipios 0,80
Cando, por exercerse a actividade en varios municipios, exista a posibilidade de aplicar máis dun dos índices anteriores, aplicarase como único índice o correspondente ao municipio de maior poboación.
Á actividade de comercio polo miúdo de prensa, revistas e libros en quioscos situados na vía pública, poderá aplicárselle, cando se cumpran todas as condicións para iso, o índice corrector para empresas de reducida dimensión.