PRESENTACIÓN TELEMÁTICA > DECLARACIÓNS DO IRPF > CUESTIÓNS XERAIS

QUEN PODE UTILIZAR O SISTEMA DE PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA

 

Os contribuíntes do imposto sobre a renda das persoas físicas poderán presentar electronicamente por internet a declaración do IRPF.

 

Os contribuíntes que presenten declaración polo imposto sobre o patrimonio deberán tamén presentar electronicamente por internet a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou utilizar a vía electrónica ou a vía telefónica para confirmar ou subscribir, de ser o caso, o borrador da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.