CUESTIÓNS XERAIS > DECLARACIÓN POLO IRPF

QUEN DEBE ASINAR A DECLARACIÓN

 

A)  TRIBUTACIÓN INDIVIDUAL

 

A declaración será asinada polo contribuínte ou o seu representante.

 

Se se trata da declaración dun menor de idade, deberá asinala o seu pai, nai ou titor, sinalando estes os seus datos identificativos nos espazos reservados para o representante.

 

 

B)  TRIBUTACIÓN CONXUNTA

 

-   Cando se trate da 1ª modalidade de unidade familiar (integrada por ambos os cónxuxes), a declaración deberá ser asinada por ambos os cónxuxes (salvo discapacidade dalgún deles ou que algún lle conferise a súa representación ao outro), actuando en nome propio e en representación, se é o caso, dos fillos membros da unidade familiar.

 

-   Cando se trate da 2ª modalidade de unidade familiar (en caso de separación legal ou inexistencia de matrimonio), a declaración deberá ser asinada polo pai ou a nai, actuando en nome propio e en representación dos fillos membros da unidade familiar.