PRESTACIÓNS POR XUBILACIÓN E INVALIDEZ (art. 19.1 do regulamento)
Para a aplicación do réxime especial de integración na base impoñible das prestacións en forma de renda dos seguros de vida ou invalidez, as continxencias polas que se poden percibir as prestacións serán as previstas no artigo 8.6 do Real decreto lexislativo 1/2002, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de regulación dos plans e fondos de pensións, nos termos establecidos para estes.