PRESTACIÓNS DE DETERMINADOS SISTEMAS DE PREVISIÓN SOCIAL (art. 18.3 da lei)
As prestacións dos sistemas de previsión social do artigo 17.2.a) 1º e 2º da Lei do imposto, reduciranse nun 40 por 100 cando se perciban en forma de capital, sempre que transcorresen máis de dous anos desde a primeira achega. Non é necesario, non obstante, que transcorra este prazo no caso de prestacións de invalidez.