A presentación electrónica das declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como, se é o caso, o ingreso da débeda tributaria correspondente, efectuarase no prazo comprendido entre o 7 de abril e o 30 de xuño de 2014, ambos inclusive.
Se se trata de declaracións cuxo resultado sexa unha cantidade para ingresar sen domiciliación do pagamento, a transmisión electrónica da autoliquidación deberá realizarse na mesma data en que teña lugar o ingreso resultante desta.
Malia o anterior, no caso de que existan dificultades técnicas que impidan efectuar a transmisión electrónica da autoliquidación ou a confirmación do borrador da declaración na mesma data en que teña lugar o ingreso, poderán realizarse as ditas operacións ata o cuarto día hábil seguinte ao do ingreso.