Os gastos e investimentos efectuados para habituar os empregados na utilización das novas tecnoloxías da comunicación e da información, cando a súa utilización só poida realizarse fóra do lugar e do horario de traballo, darán dereito a practicar unha dedución da cota íntegra do 1 por 100 dos gastos efectuados no período impositivo, minorados no 65 por 100 do importe das subvencións recibidas para a realización das ditas actividades, e imputables como ingreso no período impositivo.
No caso de que os gastos efectuados na realización de actividades de formación profesional no período impositivo sexan maiores ca a media dos efectuados nos dous anos anteriores, aplicarase a porcentaxe do 1 por 100 ata a dita media e o 2 por 100 sobre o exceso respecto desta.