Sobre a parte autonómica da cota íntegra dos contribuíntes residentes na Comunidade Autónoma de Estremadura que perciban retribucións do traballo dependente pode practicarse unha dedución de 75 euros, sempre que se cumpran as seguintes condicións:
- Que os seus rendementos íntegros de traballo non superen a cantidade de 12.000 euros anuais.
- Que a suma dos rendementos netos distintos dos do traballo, as ganancias e perdas patrimoniais e imputacións de renda non exceda de 300 euros.
NOTA: a dedución é calculada polo programa baseándose nos datos introducidos na declaración.