O 1,5 % das cantidades satisfeitas no período impositivo pola rehabilitación da vivenda que constitúa ou deba constituír a súa vivenda habitual.
Esta dedución será aplicable sen prexuízo da aplicación do tramo autonómico da dedución por investimento en vivenda.
Base máxima da dedución
A base máxima da dedución será de 9.040 euros anuais tanto en declaración conxunta coma individual.