Por gozo do período de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da actividade por paternidade ou do permiso de paternidade, o contribuínte poderá deducir como máximo 750 euros.
Cando o permiso non coincida co máximo legal permitido, a dedución será de 75 euros por semana completa.
Requisitos
A base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non debe superar a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.
Supostos excluídos
Exclúense tanto a suspensión do contrato por paternidade regulada no artigo 48.bis do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, coma o permiso de paternidade previsto no artigo 49.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público e a interrupción da actividade prevista no artigo 4.3 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.
Saldos pendentes de aplicación
No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicar o total da dedución no período impositivo no que se xere o dereito a esta, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.
Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos ditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste por aplicar.
Forma de cubrir: na ventá de captura de datos, deberá indicar se ten dereito á dedución e a duración do permiso gozado se non coincidise co máximo legal permitido.