Como consecuencia de partos múltiples ou de dúas ou máis adopcións constituídas na mesma data, os contribuíntes terán dereito a unha dedución de 505 euros por fillo nacido ou adoptado no período impositivo en que se leve a cabo o nacemento ou adopción. Unicamente será de aplicación a dedución cando o menor conviva co proxenitor ou adoptante.
A adopción entenderase realizada no exercicio impositivo en que se leve a cabo a inscrición no Rexistro Civil español. Cando a inscrición non sexa necesaria, atenderase ao período impositivo en que se produza a resolución xudicial ou administrativa correspondente.
No suposto de matrimonios ou unións de feito, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles cando estes opten pola presentación de declaración individual.
As anteriores circunstancias entenderanse referidas á data de xeración do imposto.
Forma de cubrir
Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar o número de fillos que dean dereito á dedución.
Indicarase no recadro "Común" cando, en caso de matrimonio, os fillos que xeren dereito á dedución sexan de ambos os cónxuxes. Noutro caso, reflectiranse no recadro "Do Titular", neste caso deberá indicar tamén o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución.