FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA E LEÓN

POR PARTOS MÚLTIPLES OU ADOPCIÓNS SIMULTÁNEAS PRODUCIDOS NO ANO 2012 E/OU 2013

 

A dedución por partos múltiples ou adopcións simultáneas dá dereito a unha dedución no exercicio en que se produzan os ditos partos ou adopcións e nos dous anos consecutivos seguintes.

Neste apartado deberá consignar os partos múltiples ou adopcións simultáneas producidos nos exercicios 2012 e 2013 que tiveron dereito a dedución.

 

Forma de cubrir

 

1. Deberá indicar, marcando cunha X, se no exercicio 2012 tivo dereito á dedución por partos múltiples ou adopcións simultáneas.

 

2. Deberá indicar se os requisitos para poder aplicar a dedución no exercicio 2012 só se deron no titular da declaración.

 

3. Deberá indicar, marcando cunha X, se no exercicio 2013 tivo dereito á dedución por partos múltiples ou adopcións simultáneas.

 

4. Deberá indicar se os requisitos para poder aplicar a dedución no exercicio 2013 só se deron no titular da declaración.

 

5. Adicionalmente deberá indicar se no exercicio 2013 se produciron dous partos múltiples.