No caso de partos múltiples ou adopcións simultáneas de dous ou máis fillos que xeren o dereito á aplicación do «mínimo por descendente», ademais da dedución por nacemento ou adopción regulada na epígrafe anterior, o contribuínte poderá deducir as seguintes cantidades:
a) Unha contía equivalente á metade do importe obtido pola aplicación da dedución por nacemento ou adopción, se o parto múltiple ou adopción simultánea foi de dous fillos.
b) Unha contía equivalente ao importe obtido pola aplicación da dedución por nacemento ou adopción, se o parto múltiple ou adopción simultánea foi de tres ou máis fillos.
Esta dedución será tamén aplicable nos supostos de nacementos ou adopcións independentes que se producisen nun período de doce meses.
O número de orde dos fillos nacidos ou adoptados determinarase conforme o establecido para a dedución por nacemento ou adopción.
INCREMENTO DA DEDUCIÓN DURANTE OS DOUS ANOS SEGUINTES AO NACEMENTO OU ADOPCIÓN
Ademais, o contribuínte poderá deducir durante os dous anos seguintes ao nacemento ou adopción 901 euros.
Igual dedución se practicará nos supostos de nacementos ou adopcións independentes que se producisen nun período de doce meses.
Requisitos
Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.
Saldos pendentes de aplicación
No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicar o total da dedución no período impositivo no que se xere o dereito a esta, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.
Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos ditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste por aplicar.
Forma de cubrir
Importante: se a situación de parto múltiple ou adopción simultánea se produciu no exercicio 2014, sen a inclusión de fillos nacidos ou adoptados no exercicio 2013, non deberá cubrir ningún recadro nesta dedución, xa que o programa calculará automaticamente o importe da dedución polos datos facilitados na anterior dedución por nacemento ou adopción de fillos.
O programa abrirá unha ventá na que deberá indicar a súa situación, se durante o exercicio 2014 se produciu o acaeceron partos múltiples ou adopcións simultáneas, de acordo coa lexislación da comunidade autónoma, na que define, dentro do ámbito desta dedución, como partos múltiples ou adopcións simultáneas, os nacementos ou adopcións independentes se estas se produciron dentro dun mesmo período de doce meses.
O programa distingue dúas situacións e os datos que hai que indicar en cada un dos recadros son:
1) Partos múltiples ou adopcións simultáneas producidos en 2014. É o caso en que no exercicio 2013 se produciron a situación de partos múltiples, adopcións simultáneas, a partos ou adopcións independentes, definidas así por producirse dentro dun período de 12 meses, sempre dentro do exercicio 2014, aos que se unan, en caso de se produciren, os fillos nacidos ou adoptados no exercicio 2013, dentro dun período de doce meses.
Dentro desta primeira situación, indicaranse nos tres recadros os seguintes datos:
a) Importe da dedución dos fillos nacidos ou adoptados en 2014, o programa indicará o importe da dedución en función dos datos facilitados na dedución por nacemento ou adopción de fillos.
b) De forma adicional, deberá indicar, se o houbese, o importe da dedución por nacemento ou adopción de fillos aplicada por vostede no exercicio 2013 polos fillos nacidos ou adoptados nese ano que formen parte do nacemento ou adopción múltiple. Normalmente o importe que hai que indicar será a contía do recadro 867 da declaración individual do exercicio 2013, ou o 50 % se presentou declaración conxunta nese exercicio.
c) “Dedución por parto múltiple aplicada por vostede no exercicio 2013, polos fillos nacidos ou adoptados nese ano e que formen parte do parto múltiple do ano 2014”, se en 2013 aplicou a dedución por partos múltiples ou adopcións simultáneas e os fillos que serraron dereito a ela forman un parto ou adopción múltiple cos fillos nacidos ou adoptados en 2014, deberá indicar o importe da dedución por ese concepto aplicada en 2013, o importe que se indicará será o importe do recadro 868 da declaración individual do 2013 ou ben o 50 % se presentou declaración conxunta nese exercicio.
2) Partos múltiples ou adopcións simultáneas producidas nun período de doce meses. Cubrirase este apartado no caso de partos ou adopcións individuais producidas no exercicio 2013, existindo tamén parto ou adopción individual no exercicio 2014, que, ao producirse dentro dun período de 12 meses, entraría dentro do concepto de parto múltiple ou adopción simultánea segundo a lexislación da comunidade autónoma e, polo tanto, con dereito a aplicarse esta dedución.
Dentro desta segunda situación deberá indicar os seguintes datos:
a) Número de fillos do parto ou adopción múltiple, indicarase o número de fillos que forman parte do parto ou adopción múltiple por se produciren os nacementos e/ou adopcións nun prazo de doce meses.
b) Deberá indicar o importe da dedución que consignou no recadro da dedución por nacemento ou adopción de fillos aplicada por vostede neste exercicio 2014 polo fillo nacido ou adoptado que forme parte do nacemento ou adopción múltiple.
c) De forma adicional, deberá indicar o importe da dedución por nacemento ou adopción de fillos aplicada por vostede no exercicio 2013 polos fillos nacidos ou adoptados nese ano que formen parte do nacemento ou adopción múltiple. Normalmente o importe que hai que indicar será a contía do recadro 823 da declaración individual do exercicio 2013, ou o 50 % se presentou declaración conxunta nese exercicio.
d) De forma adicional, deberá indicar, se o houbese, o importe da dedución por partos múltiples aplicada por vostede no exercicio 2013 polos fillos nacidos ou adoptados nese ano que formen parte do nacemento ou adopción múltiple. O importe que hai indicar será a contía do recadro 868 da declaración individual do exercicio 2013 ou o 50 % se presentou declaración conxunta nese exercicio.