No caso de partos múltiples, as persoas contribuíntes terán dereito á aplicación dunha dedución de 300 euros por fillo nacido no período impositivo.
REQUISITOS E CONDICIÓNS DE APLICACIÓN
- A suma das bases impoñibles xeral e do aforro non debe superar 19.000 euros no caso de tributación individual ou 24.000 euros no caso de tributación conxunta.
- Só terán dereito a practicar a dedución os pais que convivan cos fillos nacidos.
- Cando os fillos nacidos convivan con ambos os proxenitores, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles se optasen por tributación individual.
- As anteriores circunstancias entenderanse referidas á data de xeración do imposto.
FORMA DE CUBRIR
No caso de matrimonio, se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos nacidos no parto múltiple.
Noutro caso, o número de fillos nacidos no parto múltiple indicarase no recadro "Titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, se os fillos conviven con ambos os pais adoptivos.