FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ANDALUCÍA

POR OBRAS EN VIVENDA (cantidades satisfeitas no exercicio 2012 pendentes de dedución nos 4 anos seguintes por exceder en 2012 da base anual máxima de dedución) (disposición derradeira undécima da Lei 18/2011)

 

O 5 % das cantidades satisfeitas no exercicio 2012 polas obras realizadas durante o dito período en calquera vivenda propiedade do contribuínte situada en Andalucía e que non puido deducir naquel exercicio por exceder da base anual máxima de dedución.

 

 

Recordamos que a base máxima de dedución do exercicio 2012 foi a seguinte:

•    Cando a base impoñible sexa igual ou inferior a 53.007,20 euros anuais: 6.750 euros.

•    Cando a base impoñible estea comprendida entre 53.007,21 euros e 71.007,20 euros anuais: 6.750 euros menos o resultado de multiplicar por 0,375 a diferenza entre a base impoñible e 53.007,20 euros.

 

Importante: as cantidades satisfeitas no exercicio 2012 non deducidas por exceder da base máxima anual poderán ser deducidas nos catro exercicios seguintes.

En ningún caso, a base acumulada da dedución correspondente aos períodos impositivos en que esta sexa de aplicación poderá exceder de 20.000 euros por vivenda. Cando concorran varios propietarios con dereito a practicar a dedución respecto dunha mesma vivenda, o citado límite de 20.000 euros distribuirase entre os copropietarios en función da súa respectiva porcentaxe de propiedade no inmoble.

En ningún caso darán dereito á aplicación desta dedución as cantidades satisfeitas polas que os contribuíntes practiquen a dedución por investimento en vivenda habitual.

 

Forma de cubrir

 

Deberá indicar nos recadros correspondentes as cantidades satisfeitas, diferenciadas por vivendas, durante o exercicio 2012 pendentes de dedución. Tamén deberá indicar a porcentaxe de propiedade en cada vivenda e as porcentaxes na propiedade da vivenda de todos os contribuíntes con dereito a aplicar esta dedución.

 

As cantidades pendentes de deducir procedentes do exercicio 2012 e que non se puideron deducir en 2012 nin en 2013 estarán indicadas no recadro 263 da súa declaración de 2012 e no recadro 716 do exercicio 2013.