FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR OBRAS DE REHABILITACIÓN OU REFORMAS DE VIVENDAS (CANTIDADES PENDENTES DE DEDUCIÓN POR EXCEDER DA BASE MÁXIMA ANUAL DE DEDUCIÓN NO EXERCICIO 2012) (art. 14 bis do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril, redacc. da Lei 11/2011)

 

Os contribuíntes que executasen obras destinadas á rehabilitación ou reforma de vivendas realizadas entre o 15 de setembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012 e non puidesen  deducir a totalidade das cantidades por exceder da base máxima anual de dedución, poderán aplicalas no presente exercicio (véxase o recadro 308 da declaración do exercicio 2012).

A dedución tiña as seguintes características:

 

1.   Con carácter xeral, a dedución era do 10 por 100 das cantidades efectivamente satisfeitas.

2.   Cando se tratou de obras que tivesen por finalidade a adecuación da vivenda habitual do contribuínte por razón da discapacidade do propio contribuínte, do seu cónxuxe, ou dun parente, en liña directa ou colateral, consanguínea ou por afinidade, ata o terceiro grao inclusive, que conviva con el, a porcentaxe aplicable foi do 12 por 100.

Límite

A dedución tivo como límite o 10 por 100 da cota íntegra autonómica.

Base máxima anual da dedución foi a seguinte

1.   Con carácter xeral, a base máxima anual da dedución foi de 5.000 euros por suxeito pasivo.

2.   Cando se trataba das obras de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade, a base máxima anual da dedución foi de 7.000 euros.

As cantidades efectivamente satisfeitas nun exercicio que non poidan deducirse por exceder da base máxima anual poderán deducirse nos tres exercicios seguintes.

Base máxima total da dedución

1.   Con carácter xeral, o importe total das bases correspondentes a esta dedución non puideron exceder de 15.000 euros para o conxunto dos períodos impositivos do suxeito pasivo.

2.   Cando se tratou das obras de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade, o importe total das bases non poderá exceder de 21.000 euros para o conxunto dos períodos impositivos do suxeito pasivo.

 

Requisitos

-   As obras de rehabilitación ou reforma tivéronse que realizar en vivendas situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Canarias e que sexan propiedade da persoa contribuínte.

-   No deron dereito á dedución as obras realizadas en vivendas afectas a unha actividade económica, prazas de garaxe, xardíns, parques, piscinas e instalacións deportivas e outros elementos análogos.

-   Non xeraron dereito á dedución as cantidades destinadas a mobiliario ou a electrodomésticos.

-   Entenderase por obra de rehabilitación a que cumpra os requisitos e condicións establecidos no artigo 10.1.22) da Lei 20/1991, do 7 de xuño, de modificación dos aspectos fiscais do réxime económico fiscal de Canarias, así como as obras análogas ás de rehabilitación nos mesmos termos do citado artigo.

-   Entenderase por obra de reforma as que o citado artigo 10.1.22) da Lei 20/1991 considera como obras conexas as de rehabilitación.

-   A base da dedución estivo constituída polas cantidades satisfeitas, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, ás persoas ou entidades que realicen as obras. En ningún caso, darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

-   As obras deberon ser executadas efectivamente despois do 15 de setembro de 2011. Non darán dereito á dedución os pagamentos efectuados con posterioridade a esa data se as obras se realizaron antes do 15 de setembro de 2011.

 

Incompatibilidades

Sobre un mesmo ben non pode aplicarse máis dunha dedución autonómica e o contribuínte debe elixir a que desexa aplicar aínda que non sexa un meso importe o que as orixine.

Forma de cubrir

Deberá indicar as cantidades pagadas polas obras, distinguindo as que correspondan a obras de rehabilitación ou reforma das correspondentes a obras de adecuación por discapacidade, e deberanse incluír as cantidades satisfeitas no exercicio 2012 e as cantidades satisfeitas que non foron deducidas en anteriores exercicios por exceder do límite máximo.