FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR OBRAS DE CONSERVACIÓN E MELLORA NA VIVENDA HABITUAL

 

Os contribuíntes poderán deducir o 10 por 100 das cantidades satisfeitas en cada período impositivo polas obras realizadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ao 31 de decembro de 2015 na vivenda habitual na que sexan propietarios ou titulares dun dereito real de uso ou aproveitamento, ou no edificio na que esta se encontre, sempre que teñan por obxecto a súa  conservación, ou a mellora da calidade, sustentabilidade e accesibilidade, nos termos previstos polo Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e rexeración e renovación urbanas, 2013-2016 Real decreto 233/2013, do 5 de abril.

 

No darán dereito á dedución:

 

-   As obras que se realicen en prazas de garaxe, xardíns, parques, piscinas e instalacións deportivas e outros elementos análogos.

-   As cantidades que se apliquen á dedución por investimentos para o aproveitamento de fontes de enerxía renovables na vivenda habitual.

-   A parte do investimento financiado con subvencións públicas.

 

Será requisito para a aplicación desta dedución a identificación, mediante o seu número de identificación fiscal, das persoas ou entidades que realicen materialmente as obras.

 

A base desta dedución estará constituída polas cantidades satisfeitas, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito ás persoas ou entidades que realicen tales obras.

 

En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

 

A base máxima desta dedución será:

 

c)   Cando a suma da base liquidable xeral e do aforro sexa inferior a 23.000 euros anuais, en tributación individual ou a 37.000 euros en tributación conxunta: 4.500 euros anuais.

d)   Cando a suma da base liquidable xeral e do aforro estea  comprendida entre 23.000 e 25.000 euros anuais en tributación individual ou entre 37.000 e 40.000 euros anuais en tributación conxunta, o resultado de aplicar a 4.500 euros anuais:

1- En tributación individual, unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1- o coeficiente de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000).

2- En tributación conxunta, unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 - o coeficiente de dividir por 3000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 37.000).

 

 

A base acumulada da dedución correspondente aos períodos impositivos nos que aquela sexa de aplicación non poderá exceder de 5000 euros por vivienda.

 

Cando concorran varios contribuíntes con dereito a practicar a dedución respecto dunha mesma vivenda, a base máxima anual de dedución e a acumulada ponderaranse para cada un deles en función da súa porcentaxe de titularidade no inmoble.

 

Forma de cubrir: o programa está adaptado para indicar os datos de ata dúas vivendas habituais diferenciadas.

 

Deberá facilitar os datos que a continuación se detallan:

As cantidades satisfeitas que dean dereito á dedución.

A porcentaxe que ten o contribuínte na titularidade da dita vivenda. Se a  titularidade é de ambos os cónxuxes, deberá indicalo nas dúas declaracións, na do declararte e na do cónxuxe.

A porcentaxe que ten o cónxuxe na titularidade da dita vivenda se esta é tamén vivenda habitual. Este dato deberá ser indicado tamén en ambas as declaracións.

Se existise outra terceira persoa con dereito a aplicar a mesma dedución, deberá indicar tamén a súa porcentaxe de titularidade.

Obrigatoriamente deberá indicar o NIF da persoa ou entidade que execute as ditas obras de conservación ou mellora.