FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR OBRAS DE ADECUACIÓN DA VIVENDA HABITUAL POR RAZÓN DE DISCAPACIDADE (art.14.terceiro do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril, modif. da Lei 11/2011)

 

Polas cantidades satisfeitas no período impositivo, polas obras ou instalacións de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade, poderase aplicar a porcentaxe de dedución do 0,75 %.

 

IMPORTANTE: para a aplicación desta dedución deberán concorrer os mesmos requisitos esixidos na normativa estatal para a aplicación da dedución por obras e instalacións da vivenda habitual de persoas con discapacidade, segundo a redacción vixente o 1 de xaneiro de 2012.

 

 

Compatibilidade: sobre un mesmo ben non pode aplicarse máis dunha dedución autonómica e o contribuínte debe elixir a que desexa aplicar.

 

Forma de cubrir

Deberá consignar as cantidades satisfeitas con dereito a dedución.