Os contribuíntes poderán deducir as seguintes cantidades por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo, sempre que xeren o dereito á aplicación do mínimo por descendentes establecido no artigo 58 da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando ambos os proxenitores teñan dereito á dedución, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais. Se algún dos proxenitores non cumprise todos os requisitos para aplicar a dedución, o contribuínte con dereito a esta só poderá aplicar a parte proporcional da dedución que lle corresponda.
a) 100 euros no caso de parto ou adopción dun só fillo.
b) 500 euros no caso de parto ou adopción de dous fillos.
c) 900 euros no caso de parto ou adopción de tres ou máis fillos.
Requisitos:
- A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta.
- O que xera o dereito a cada unha destas deducións é o número de fillos en cada parto, non o número de nacementos durante o exercicio.
Nota: a dedución será calculada polo programa baseándose nos datos que indicase nas ventás de "Datos persoais e familiares".