Sobre a parte autonómica da cota íntegra dos contribuíntes residentes na Comunidade Autónoma de Cataluña poderá practicarse unha dedución de 150 euros por cada un dos proxenitores polo só feito do nacemento ou adopción dun fillo, acaecido durante o período impositivo. A dedución será de 300 euros se se trata de declaración conxunta de ambos os proxenitores ou adoptantes.
Forma de cubrir
En caso de matrimonio consignaranse na epígrafe “Común” os fillos nacidos ou adoptados que orixinen dereito á dedución a ambos os proxenitores ou adoptantes.
Noutro caso, faranse constar na epígrafe “Titular”.