FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS CON DISCAPACIDADE (art. 4.un.c) da Lei CA 13/1997)

 

Por nacemento ou adopción dun fillo discapacitado físico ou sensorial en grao igual ou superior ao 65 por 100, ou psíquico, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, sempre que o dito fillo cumpra, pola súa vez, os demais requisitos que dean dereito á aplicación do correspondente mínimo por descendentes establecido pola normativa estatal reguladora do imposto, e que a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro do contribuínte non sexa superior a 25.000 euros en tributación individual ou a 40.000 en tributación conxunta, aplicarase a seguinte dedución segundo proceda:

 

•    Cando sexa o único fillo que padeza a dita discapacidade: 224 euros.

•    Cando o fillo que padeza a dita discapacidade teña polo menos un irmán discapacitado físico ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, ou psíquico, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100: 275 euros.

 

LÍMITE DA DEDUCIÓN

 

O importe íntegro da dedución só será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 23.000 euros en tributación individual, ou inferior a 37.000 euros en tributación conxunta.

Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros en tributación individual, ou entre 37.000 e 40.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:

 

a)   En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000)

 

b)   En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do  aforro do contribuínte e 37.000)

 

Cando ambos os proxenitores ou adoptantes teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe ratearase por partes iguais.

 

Esta dedución será compatible coa dedución por nacemento ou adopción de fillos, coa dedución por nacemento ou adopción múltiples e a dedución por familia numerosa.

 

Nota: esta dedución seralles de aplicación tamén aos discapacitados cuxa incapacidade se declare xudicialmente, aínda que non alcance o grao citado.

 

 

Forma de cubrir

 

Indicarase o número de fillos discapacitados nacidos ou adoptados no ano.

 

Se existe un único fillo discapacitado

 No caso de matrimonio, e se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, indicarase no recadro "Común" o fillo discapacitado que xere dereito á dedución. Noutro caso, indicarase no recadro "Do titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, indicando nela un 1 se o dereito á dedución lle corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito a esta.

 

Se existe máis dun fillo discapacitado

Deberá cubrir a epígrafe “Fillo discapacitado con, polo menos, un irmán discapacitado”.

No caso de matrimonio e se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, indicarase no recadro "Común" o número de fillos discapacitados que xeren dereito á dedución.

Noutro caso, o número de fillos que dan dereito á dedución indicarase no recadro "Do titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, indicando nela un 1 se o dereito á dedución lle corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito a esta.